Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

lunes, 11 de febrero de 2008

Os medios fanse eco de ¡Aqueles Antroidos de Chanteiro dos anos 50!

O xornal diario “La Voz de Galicia”, recolle nunha reportaxe o gran éxito da recuperación da tradición carnavalesca do Entroido de Chanteiro dos anos cincuenta.
Da conta da celebración actual nestas datas pasadas e lembra tamén a historia antiga, facendo mención o relatado nestas páxinas de "A Voz de Chanteiro".
.
O éxito estivo asegurado e o impacto foi grande entre os que contemplaron as actuacións deste evento popular.

Unha das persoas que participou e fixo posíbel esta recuperación, opina que:
"En definitiva, creo que conseguimos recuperar unha parte da nosa historia máis próxima para a xente nova, pero tamén para lembranza dos que o viviron dalgún xeito.
Tanto en Chanteiro, como en Cervás e Ares; o resultado foi moi bo, con grande participación de xente e ambiente que, a fin de contas,é o que interesaba".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios