Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 14 de febrero de 2008

Cervás-Chanteiro, por primeira vez: dous Conselleiros en 10 días.

Da man do alcalde aresán Julio Iglesias, en menos de 10 días, visitan por primeira vez Cervás e Chanteiro os conselleiros de Presidencia José Luís Méndez Romeu e de Medio Ambiente Manuel Vázquez Fernández.

Ambos desprazamentos tiveron por obxecto a adquisición da nave da antiga Sociedade Agrícola-Gandeira de Cervás e a observación en Punta Avarenta de Chanteiro do espazo da futura Estación Depuradora de Augas Residuais.

Do contido desta visitas, xa os medios deron cumprida información. Pois non hai que esquecer que estamos en época preelectoral e todo o que sexa actividade de lucimento, vende réditos. Pero, benvidas sexan, pois con iso publicítase e beneficia esta Parroquia aresán, sempre tan esquecida. (¡Chanteiro, maricón o último!).

E isto contribuirá así mesmo a que se vaian tendo en conta, para ir solucionando o carencial abandono de servizos e necesidades dos veciños destes lugares. Así como tamén a posta en valor dos moitos atractivos turísticos, paisaxísticos e costeiros deste extremo máis occidental de Ares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios