Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 12 de abril de 2007

O BNG de Ares, presenta para Alcalde un "Dinosauro Político"


Manuel Rodríguez Doval volteará a ser o candidato.
Presentación martes 17 no Hotel "Vila de Ares".

E un veterano xa da corporación. O mellor preparado para as lides políticas, que non deixa a nade impasible: e adorado ou odiado.

Irrompe na política municipal como candidato do BNG nos comicios do ano 1983.
Nas seguintes eleccións do 1987, consigue Doval a Alcaldía de Ares nunha sorpresiva votación secreta de candidatos, obtendo 6 votos (3 do BNG e outros 3 de Alianza Popular).
Os Populares fixeran esta xogada para impedir que volvera a gobernar Rosa Miguélez do PSOE, que era a candidatura mais votada.

Rodríguez Doval colaborou en outros gobernos socialistas de Vilasánchez, hasta a irrupción de Cendán co PP, que aproveitou os líos do Plan de Urbanismo que tanto xogo lle fixo despois para o "mangoneo" de Ares.

"Manoliño" Doval manexa como nade os instrumentos políticos: declaracións, mocións, roldas, denuncias e notas de prensa. Participa en tódolos actos culturais, populares, festivos, foros e tertulias.
Domina con desparpaxo o megáfono, micrófono, cámara e demais aparellos mediáticos.

Nos derradeiros anos foi a auténtica oposición. Non en vano "Os Nanos" temeron sempre que lles levantara as súas trapalladas. E intentaron sempre ir a por él ou a súa muller. O alcumaron como o "sinistro personaxe Manoliño".

Foi tamén Deputado Provincial, e ostenta cargos representativos dentro do seu partido.
En definitiva o candidato que presenta o BNG e un auténtico e valioso político a tempo completo.

Pero claro, todo isto que parecen loubanzas teñen tamén os seus inconvintes. Sober de todo nos tempos que corremos, nos que a "clase política" con bastante merecemento e menosprezada e desprestixiada polos seus comportamentos e corrupcións.

E tamén esencialmente, por constituír unha forma e medio de vida. E dicir, a profesionalización que lles obriga a defensa da fidelidade aos seus líderes, estean ou non equivocados e as políticas sexan mais ou menos conforme o intres xeral.

E unha mágoa que o BNG non soubera ou puidera atopar renovación. Todo elo sen menoscabo de recoñecer a valía de Rodríguez Doval.
Pero, .... a xente quere ver cambios.
====================
Según Radio Pirenaica / Macuto, tamén "Nueva Alianza" fai o seu primeiro acto electoral.

2 comentarios:

  1. Anónimo8:37 p. m.

    Comezou vivindo para a politica e xa non sabe vivir sen ela. Coincido que personaxes como Manolo Doval configuran unha caste política que xera moita desconfianza. Por manterse no cargo que lle da de comer, e moi ben, traizoa ideais, programas, compañeiros de partido. Pero é a marca dun comunista patriotico, como se definen os da UPG. E xa vimos en que acabaron os comunistas da Unión Soviética. Tal ve tal esperar. Menos mal que o lema do PSOEdesde as súas orixes é Socialismo e Liberdade, e iso fenou aquí o avance de teorias colectivista totalitias como nas que soñan Doval e os seus amigos.

    ResponderEliminar
  2. Esas ideas xa non existen hoxe. Fracasaron as persoas. Porque o comunismo auténtico iría ben. Ti mesmo recoñeces en que acabou a Unión Soviética, que cumpleu unha misión de equilibrio na "guerra fría".
    Despois veu a "Perestroika" de Gorbachov, e acaba de morrer Yeltsin. A Putin o podes levar para a casa ....
    Son outros tempos, e todo o mundo ten dereito a evolucionar. Así que nade soña xa con ideas totalitarias, agás do imperialismo dominante ...

    Pero, e preferible persoas con ideais nobres e sociais, que os que sómente pensan en coller os cargos para o seu proveito persoal e os da súa banda, importándolle nada o servizo aos cidadáns. Exemplos temos arreo, e cerquiña ......

    ResponderEliminar

Comentarios