Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

viernes, 20 de enero de 2006

Falleció en Ferrol, Julio Aneiros - Un líder obrero


A Asociación Cultural Fuco Buxán quere expresar o seu máis fondo pesar pola desaparición de Julio Germán Aneiros Fernández, así como o seu cariño á súa esposa, fillos e demais familia.
Julio Aneiros forma parte desde hai moito do patrimonio colectivo do conxunto dos cidadáns de Ferrol e Galicia. O seu é un exemplo a prol da dignidade do ser humano, na defensa dos dereitos fundamentais, da democracia e a liberdade. Por todo iso, el pagou un alto prezo persoal represaliado pola Dictadura franquista.
O compromiso de Julio Aneiros, unha vez acadados as liberdades democráticas en España e Galicia mantívose na defensa das ideas do sindicalismo de clase e das ideas emancipadoras da esquerda.
Julio Aneiros apoiou sempre aqueles proxectos que buscan o avance das ideas de progreso. Foi fundador do PCG, creador do S. N. de CCOO de Galicia, durante o período do franquismo; así como foi membro fundador da Asociación Cultural Fuco Buxán en xullo de 1999. Esta entidade o destacou polos seus compromisos cos traballadores e a democracia, nomeándoo Socio de Honra.
Como dicíamos no libro de homenaxe que Fuco Buxán e Edicións Embora publicamos en xuño de 2004, reflexo da homenaxe popular promovida por esta mesma entidade o 5 de decembro de 2002 no Centro Cultural Carvalho Calero:
“Na súa persoa únense os valores de compromiso político e sindical na defensa da democracia e conquista da Constitución, exercicio da solidariedade, comportamento ético e moral ante toda forma de corrupción e firmeza inquebrantable ante a inxustiza, ademais do esforzo na busca do coñecemento da realidade e as formas da súa transformación.
A súa homenaxe , o é tamén para o movemento obreiro”.

En Ferrol, a 17 de xaneiro de 2006
Asdo. Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. Fuco Buxán

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios