Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 19 de diciembre de 2013

A VARIADA TOPONIMIA DE CHANTEIRO

Mapa toponímico de Chanteiro

6 comentarios:

  1. Anónimo3:29 a. m.

    Dende o Jalpón do Concello de Mazotares estanse a remitir senllas comunicacións aos veciños de Chanteiro, informándoos dos novos datos censais do padrón.
    Nesas comunicacións infórmase os veciños do cambio domiciliario xustificándose no Real Decreto 2612/1996 sen atreverse a puntualizar o artigo correspondente, si cadra se deba ao "todovale" do vello artigo 33 e a puro ovo.
    Seguro que calquera veciño de Chanteiro comprende que os cambios de numeración son lóxicos en varios casos, debido ás novas edificacións como argumenta na cartiña o alcalde, pero que os prebostes do Jalpón Administrativo municipal de Mazotares ademais de cambiar o número se dedican tamén a cambiar ou tirar no balde do lixo o nome do lugar no que residen os veciños....."róncalle o carallo". A partir de agora vivirán donde lle pete a os do Jalpón do Concello.
    Non estamos a falar de que Outeiro número 34 pase a ser Outeiro número 36. Estamos a falar que Outerio 34 pode pasar a ser (o tempo o dirá) Camiño da Depuradora 8 ou que Vigo 9 pasou a ser Camiño de Pedrachá 14, ou que As Naveiras, 2 pasou a ser Carretera da Praia 389.
    Vale, ben..... paseime un pouco cos exemplos, recoñézoo; pero tratábase de ilustrar á aldraxe toponímica que dende o Jalpón do Concello de Mazotares se está a facer cos rueiros de Chanteiro soamente para facilitar o traballo dalgúns coas follas de cálculo. Coas follas, nunca mellor dito.
    Ás criaturiñas de asfalto élles máis doado xestionar media ducia de camiños que tres ducias de topónimos dos que nunca se preocuparon por coñecer onde están nin de situalos correctamente na cartografía local. A partir de agora encontraranse no cubo do lixo e na memoria dos vellos.
    E falando de vellos.... preguntádeo aos vellos de Chanteiro cal é o Camiño da Rega e logo preguntádeo aos ilustrados do Jalpón municipal da planimetría e da estatística municipal cal é ese egrexio camiño.
    Dende o Jalpón do Concello de Mazotares téñeno claro dende hai décadas, cando tiveron que poñer número a unha casa da Ten e non sabían se era Chanteiro número 1 ou Cervás número 4.153.
    Dende aquel entón non queren molestarse nin se complicar a vida administrativa e estatística no Jalpón do Concello. ¿Toponimia?.... NON, JRACIAS!.

    ResponderEliminar
  2. Moitas jracias Anónimo que vexo dominas o tema.
    Totalmente dacordo. A anarquía do nomenclátor toponímico existía, pero non sei si se fillo o máis adecuado, dendo o Jalpón do Mazote (o cambio de denominación do Mazote foi outra, tamén). A miña casa está nese número que mentas Camiño da Depuradora, 8 (Outeiro) e antes tiña a dirección de Chanteiro,50.
    As cartas siguen chegándome co enderezo de Chanteiro,50. Porque esa é a referencia que teñen na Hacienda, Seguridade Social, Bancos, etc.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anónimo10:59 p. m.

      Dende lonxe as cousas non sempre se ven igual, pero non entendo iso de que existía anarquía na toponimia. O mapiña publicado no blog non dá esa impresión.
      Se acaso, a desorde e descoñecemento se deba aos responsables municipais da área e outros jaritos municipais; así como o nulo interese e falta de traballo de campo e o "bis a bis" cos veciños dos rueiros que dende sempre souberon onde viven.
      Ás criaturas de asfalto lles mola máis o traballo no jarito que o da pé de obra.
      Outra cousa é que a escala dese mapiña do blog non sexa a axeitada ou a proxección cartográfica deixe que desexexar para os fins pretendidos. Pero estou seguro que o Concello conta con cartografía a escalas menores, nas que o detalle é maior.
      Sen ir máis lonxe, existen planimetría a escala 1:2000 datada no ano 1997 sobre a ordenación do núcleo rural de Chanteiro e que se realizou para o abortado PXOMU do Concello de Ares.
      Neses planos resultou xa aberrante ver a situación do topónimo XURXO e a ausencia de moitos topónimos; algúns, por exemplo e sen ir máis lonxe, moi renomeado por motivos obvios como OUTEIRO.
      A rio revolto ganancia de pescadores. Puidera ser interesante, desexable e mesmo esixible dende o punto de vista veciñal que o jarito competente do Jalpón do Concello elabore, distribúa e facilite a toponimia e cartografía oficial de Chanteiro aos veciños; detallando vías, camiños e rueiros "oficialmente existentes". Sobre todo agora que se está a elaborar un novo PXOMU é cando máis útil e necesario seríalles saber como diaño e a que cousa chaman os do Jalpón do Concello o camiño que vai de A a B.
      Aí están as reclamacións da Asociación de Veciños de Chanteiro para o arranxo dalgúns camiños aos que probablemente dende o Jalpón do Concello lles chame doutro xeito pola cara, pola ignorancia, pola incompetencia ou polo desdén.
      Calquera día alguién se lavantará vivindo no camiño Pokemon, porque así o decidiu e convíñalle ós do Jalpón de Mazotares. A saber si tanto meneo de domicilio é un efecto colateral do novo PXOMU que se está a artellar.
      E déixoo xa porque a ás veces a interesada anarquía na toponimia e a cartografía local, as jaritos catastrais municipais, os PXOMUs, os inventarios municipais e o traballo co cú pegado á cadeira forman cocteles turbios e pouco saudables.

      Graciñas, Webmaster por adicarme un anaco do seu tempo.
      Quedo cunha adaptación dos versos do segrel do Penedo.....
      "....dos nomes que eisisten n-ela;
      nomes que me foron ditos
      por un rapás d-ista terra,
      que nado foi en Chanteiro
      que no curazón a leva.
      Son nomes que soio os vellos
      os din nas súas conversas;
      son mones que aos do Concello,
      nin lles vai, nin lles intresa
      emporiso i as caladas,
      a Chanteiro fago ofrenda...."

      Eliminar
  3. A anarquía referíame a numeración das casas. Porque se lle daba un número a cada nova construcción. E así o 120 podía estar nas Cancelas e o 121 no lugar da Virxe.
    O "mapiña" foi un refritido que humildemente llo fixen para unha persoa que quería coñecer o nome dos lugares de Chanteiro. E saleu como saleu, sen ningunha pretensión nin rigor.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  4. Interesante mapa toponimico pena que non sexa moi lexible, gustaríame ter un que se o fose

    ResponderEliminar
  5. Anónimo8:29 p. m.

    agora solo falta que nesas novas calles ou camiños poñan as placas cos nomes novos, pero case seguro que nese jalpon nin se lles pasou pola cabeza que tiñan que facer eso.

    ResponderEliminar

Comentarios