Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

sábado, 31 de marzo de 2012

CUSTOS DA ESTABILIDADE MUNICIPAL - ORZAMENTOS 2012

INQUISA
Por abafadora maioría do 67% a Enquisa inserida di e considera que a estabilidade municipal lograda co concelleiro Luís Cendán (NAL), é unha maioría antinatural.
Outro 26% considera que sería mellor que o PSOE gobernase en solitario, como na etapa anterior, e lograsen os acordos puntuais negociando cos outros grupos en cada momento.
Soamente un 8% ve ben o pacto co concelleiro do NAL.

Claro que as enquisas son o que son, e moito máis esta tan modesta e limitada en participación, e que non ten ningunha pretensión.

Pero o asunto nos dá pé para dicir algo sobre os comentarios que se escoitan por Ares acerca deste convenio de goberno encuberto, que se fai coa escusa de organizar e acelerar a preparación do Plan Xeral de Ordenación que xa leva unha Empresa Técnica.

Tanto os que ven mal este convenio, como os que poden consideralo conveniente, critican que isto leve aparellado un dispendio económico.
E efectivamente este custo existe, como se constata nos orzamentos 2012 recentemente aprobados.

Os concelleiros, como a maioría dos cargos políticos, está constatado que non se presentan para servir, se non máis ben para servirse do cargo e se pode ser lucrarse, aínda que non é precisamente este o caso.
Pero o dicimos por casos que saltan diariamente nos medios, cun vórtice depredador incrible de rapeña, que alarma á sociedade polo insolidaria e de detrimento da austeridade que logo predican nos seus púlpitos electorais.

"A nosa Sociedade", na que por outra banda todos somos un pouco culpables, pola individualidade e insolidaridade, á que a levamos, na que priva o ansia de poder, o egoísmo desmedido, a falta de apego e calor humana.

Volvendo ao "pacto local" co NAL, iso supuxo a creación do cargo de Delegado para o PXOU, cunha nova comisión para reunións e a creación dun novo posto de traballo como asesor dunha persoa que ía na lista electoral NAL e experto no tema urbano, porque xa fose tamén concelleiro de urbanismo do Partido Popular e está citado na recente "sentenza condenatoria" do ex-alcalde como colaborador nas fraudes do censo irregular.

Todo isto, dígase ou non se diga, é un malgasto de diñeiro. Pois a todos hai que pagar, cando xa o concello ten unha Comisión de Urbanismo con dedicación exclusiva, equipo de aparelladores técnicos e administrativos, sen apenas traballo e ademais o Plan realízao unha Empresa Técnica con subvención dá Xunta.

Pero é que ninguén dá algo a cambio de nada. E por ese apoio puntual concédense contraprestacions económicas en forma de asesorías e reunións de comisións polas que se abonan as asistencias igual que nas comisións de goberno e outras moitas que ás veces se fan con frecuencia innecesaria e de curta duración, para ter a escusa para cobrar por esas asistencias.

Uns tíranse os trastes á cabeza dos outros, dicindo que sobra persoal no Concello e que o Alcalde ten un persoal de confianza e asistencia persoal sobrada de "catro asesores e medio".

Pero ao final, todos acabarían facendo o mesmo, vai implícito no desprestixio que ten toda a clase política, que ¡non hai por onde collelos!.

lunes, 12 de marzo de 2012

Reación nas Redes e Prensa do BNG e demáis grupos, diante dá aprobación dos orzamentos 2012 en Ares.


Tito Pazos Martinez, comenta en Facebook:

"Por fin tiven un dia libre para comprender o titular que o pasado venres aparecia na páxina do concello de Ares. Neste titular pon: "O PLENO APROBA O ORZAMENTO DE 2012, QUE SE ADAPTA Á ACTUAL CRISE E GARANTE A REDACCIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL"

Non era capaz de entender porque habia que facer uns presupostos para a redacción do PXOM se este está pagado pola Xunta cunha subención. Pero amigo, neste Concello os favores hai que pagalos e tod@s temos que pagar o pacto de goberno entre PSOE e NAL pola cobardia dos seus dirixentes xa que nestes presupostos atopamos as contrapartidas que o Alcalde fai que paguemos a Luis Cendan por non ser capaz de levar adiante a redacción do PXOM; a saber:

-crease unha comisión de seguimento do PXOM para reunirse o Grupo de Goberno e Luis Cendan cun custo de máis de 200 euros por asistente.
-crease un novo posto de traballo no concello auxiliar administrativo para o PXOM que, oh! casualidade, foi adxudicado a unha persoa que foi nas listas de NAL.
Por todo isto xa entendo o titular: o presuposto adaptase a perfección a actual crise a pena e que so se adapte a crise de Luis Cendan e o grupo de goberno do PSOE e non a tódolas veciñas e veciños de Ares".
Tamén o PP fai críticas deste Pleno 
 Todos teñen a "sua" razón.

jueves, 8 de marzo de 2012

Ares - Os veciños de Chanteiro piden melloras para este lugar




A Asociación de Veciños de Chanteiro solicita á alcaldía de Ares que cumpla os compromisos e promesas que fai.
Dende setembro do ano pasado dende esta Asociación se veñen solicitando actuacións ó Concello de Ares tanto de asuntos que dependen directamente do propio Concello como doutras Administracións. En todas as ocasións só recibimos promesas e boas intencións e en moi poucos casos vemos que se faga algo, mesmo cando é o propio Alcalde quen fala.
Estes son algúns dos asuntos que se veñen solicitando unha e outra vez e que non reciben ningunha resposta nin actuación:
- Humanización e soterramento de contenedores na Praza de A Rega, que se ven prometendo xa dende o verán do ano pasado.
- A fonte do Outerio, cunha auga de gran calidade que veñen a buscar mesmo doutras zonas, está pendente dunha revisión por parte dun albañil do Concello debido a que a súa remodelación non se fixo en condicións, despois de que un verquido de combustible por parte da empresa que facía as obras de saneamento a
contaminase.
- Se solicitou que se redistribuísen os contenedores de lixo e que se reparasen os que estaban en peor estado. Xa hai nova concensión, e dende esta Asociación se enviou ó Concelleiro responsable un listado daqueles contenedores que se poderían redistribuír e reparar. E seguen a estar rotos e mal distribuidos.
- Desbroce de camiños e apertura de cunetas, dependentes do Concello. Pedimos que se trate a Chanteiro como se fai con Redes.
- Se ten solicitado información sobre o estado das obras dos depósitos de auga de Cervás. Ningunha resposta sobre unhas obras fundamentais para a distribución de auga a varias zonas de Ares. Igual que cando se solicita información sobre a remodelación da fachada marítima da praia de Chanteiro. Así como a
remodelación que se fará no camiño dende o Segaño ó castelo da Palma.
- Estado dos camiños, con rodaduras nas que os coches non poden pasar, zanxas que non se tapan, pegotes de formigón tirados de calqueira maneira. Todo consecuencia do intenso tráfico de vehículos e maquinaria pesada das obras da EDAR.
- En zonas como Monteiro, as reposicións fan que as aguas de chuvia fluían cara o interior das fincas e vivendas. ¿Se cumprirá a promesa do alcalde dun plan de remodelación completa dos camiños dependentes do Concello para este ano 2012?
- Tamén son outros os camiños que non foron repostos ó estado orixinal ou que as reposicións non son de boa calidade e se están a degradar moi rápido, como o camiño a Avarenta dende o Outeiro, ou en Porta do Río cara a O Curro.
- Tamén dende o Concello se prometeu remodelar as marquesinas e adecentar os arredores, onde xa apareceron ratas. Nada se ten feito.
- Se solicitou que se volvese a mirar a ubicación do novo transformador que dará servizo á EDAR e que parece ser permitirá que as casas da zona do Outeiro teñan un servizo máis constante de electricidade. Unhas obras que fixeron levantar outra vez a zona do camiño de Avarenta, sen que ninguén informase ós veciños de que se atoparían máis zanxas. Tampouco sabemos se se acepta estudiar outra ubicación,
pois se pretende poñer o transformador no mesmo aparcamento do Centro Cultural.
- Se pediu ó Concello que solicitase a Costas unhas barreiras de seguridade para colocar nun camiño onde hai derrumbes que estreitan a calzada. Esperamos que o Concello transmitise a Costas esa petición, mais non sabemos se Costas vai facer algo.
- E tampouco sabemos por que cando a Deputación arranxa (por dicir algo) os baches da estrada provincial, deixa sen tocar os que están en Chanteiro.
Dado que so temos boas palabras e case ningún feito, e antes de pasar a reclamacións máis contundentes, queremos esgotar todas as posibilidades. Así, temos entregado un escrito que o Concello asigne a unha persoa para que poidamos manter reunións periódicas para que se nos informe de forma directa e de primeira man sobre o estado dos asuntos que afecten a Chanteiro.
Se non hai cartos somos abondo intelixentes para saber que onde non hai non se pode sacar, mais si se prometen cousas, a nosa obriga e o noso compromiso cos veciños de Chanteiro é facer todo o posible para que quen fai esas promesas as cumpra.
Dende logo, a Asociación de Veciños de Chanteiro seguirá a transmitir as peticións e necesidades dos nosos veciños, e agardamos que o Concello cumpra o que promete. E se non é así, tamén é a nosa obriga facelo saber publicamente.

El PP de Ares también hace crítica de este Pleno