Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

martes, 10 de junio de 2008

ALGUNHAS SOMBRAS DO BALANCE DO ANO MUNICIPAL DE ARES

Como as cousas nunca son brancas ou negras e toda actuación política ten as súas luces e sombras; imos a mencionar algúns nubeiros para balancear o saldo, que en xeral vemos como positivo.

Insistir en primeiro lugar que, o que o Alcalde Iglesias Redondo, alardea como o maior logro, o que ele chama "consenso", é o principal fracaso.
Demostra a súa incapacidade para poder conseguir unha "maioría de goberno", que era posible sen ter que recorrer a veleidades.
Entón tivo que caer nos brazos do P.P., que co seu apoio puntual a favor ou mediante a abstención aguántanse mutuamente.
Sae o que machucamos continuamente: "Hoxe por ti, e mañá por min".
Esqueceuse todo o anterior. É como a coñecida táctica da épica militar: “Se non podes co teu inimigo, únete a el”.
E a todo o anterior e as esperanzas da maioría votante: "auga de borrallas".
Cada un ao seu, repartíndose as prebendas e canonxías entre a clientela:
Contratos de traballo, compatibilidades a funcionarios, traballos sociais, vista gorda en obras e licenzas. ...... Chegando ata o esperpento de instruír un a outro de como non hai que cumprir con todo rigor as normas, ordenanzas e leis.

O Urbanismo tamén ten os seus déficits negativos.
Aí están os casos de Seselle, Castro, Mazote e Porto, entre outros.

A obra do Mazote paralizada por exceder os metros de fachada, arranxarase cunha pillaría propia do pícaro Lazarillo de Tormes. ¡Así llas gastan os promotores!.
A esquina en cuestión, parece que se está cortando en chafrán oblicuo, co cal aparentemente se reducen os metros de fachada, pero queda case o mesmo volume edificado. (?)

Outro caso sanguento é a urbanización denominada "As Áncoras", fronte á rotonda de entrada na vila de Ares.

Hai todo un informe de "posibles incumprimentos" elaborado pola Inspección Territorial do Servizo de Urbanismo dá Xunta de Galicia, pero, coma se nada.
(Clic, e pinchar para mostrar o informe)
A obra continúa adiante cunha chea de arbitrariedades: Superación de alturas permitidas, superación de plantas, superación de edificabilidade en case 400 metros cadrados. ¡E, coma se nada!.
Ata a promotora permítese abrir, sen permiso parece, un viario en terreos municipais que dan a rúa Castelao.


Novo nubeiro que escurece o balance está na denuncia por "terceiromundista do Colexio CONDE DE FENOSA", que mereceu o plantexamento dunha pregunta na Mesa do Parlamento de Galicia. (Clic, para ver o escrito).

Poderíase abundar en sombras do Balance, pero mencionemos unha tamén sanguinolenta, que ben confirmar que "pouco dura a alegría na casa do pobre".
"Se lles deu un caramelo e en pouco tempo retíraselles", di Puri Charlon, na súa pregunta ao Alcalde.
Trátase, claro está, da suspensión do aireado "Servicio de Transporte para Dependentes".

E seguindo con asuntos sociais, hai que mencionar a escasa sensibilidade neste tema, coas innecesarias prohibicións de Tráfico e a falta de estacionamentos para discapacitados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios