Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

jueves, 13 de diciembre de 2007

Proxectos Mancomunados ARES - MUGARDOS


¡Perigo! Alta tensión na Piscina Intermunicipal.

Tívose que solicitar prórroga na aplicación do orzamento concedido pola Deputación, polo enorme atraso que levará a execución das obras.

Non está exenta de polémica esta primeira obra de realización conxunta dos municipios de Ares e Mugardos.

O problema de agora parece que xa está en vías de solución por conta en principio do concello de Mugardos, que sufragará en colaboración coa Consellería de Industria, os gastos da desviación ou soterramento do cableado da liña de alta tensión.

Pero, xa no seu momento, a adquisición dos terreos foi cualificada como un "pelotazo" por non estar demostrada a propiedade das parcelas, o que impediu que puidesen ser inscritas no Rexistro da Propiedade.

Ademais, como se vén a demostrar agora, nestes terreos non se podía edificar por estar afectados por unha servidume de paso de liñas de Alta Tensión. Polo que, de ter en conta estes hándicaps o valor das parcelas debese loxicamente ser outro, segundo dicíase.

De aí a denominación de "pelotazo" que se dicía da operación e que a política imperante de opacidade e tapadeira encargouse de ocultar.



De calquera modo, felicitacións aos dous concellos por este primeiro paso nos servizos mancomunados que redundan en beneficio de todos.

E que non é fácil de levar a cabo, como estamos vendo nestes días co "Servizo de Transporte Adaptado para Persoas Dependentes", que acaba de implantarse en Ares e que, en principio ía tamén a ser intermunicipal pero algo debeu fallar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentarios