Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:

Blog Personal fundado el 9 de Enero 2006, por:
¡Viva la Libertad de Expresión!

sábado, 24 de febrero de 2007

Cendán na súa agonía : "Haberá saneamento en Chanteiro"




NOTA ACLARATORIA DO BNG NO CONCELLO DE ARES, que "A Voz de Chanteiro" agradece.
O Alcalde de Ares pretende facer electoralismo a conta do saneamento de Chanteiro, cando é o directo responsábel de que non se teña executado.
É falso que a obra non se realizase por falta de financiamento, senón porque o PP de Ares decidiu gastar o orzamento previsto pola Deputación hai catro anos noutras obras.
O Grupo Municipal do BNG rexeita enerxicamente as manifestacións do Alcalde, nas que afirma que asume o saneamento de Chanteiro como de máxima prioridade e tenta xustificar a non execución da mesma cando vai rematar o seu mandato.
A este respecto, consideramos necesario aclarar que:
1. A obra do saneamento de Chanteiro aprobada por unanimidade na anterior corporación, figuraba incluída no POL da Deputación de A Coruña, cun orzamento superior aos 114 millóns das antigas pesetas. A incapacidade do grupo de goberno por xestionar a posta a disposición dos terreos e, sobro de todo, a decisión de executar outras obras co orzamento inicialmente previsto, impediron a materialización do proxecto inicialmente previsto.
En definitiva: se o saneamento de Chanteiro non é a día de hoxe unha realidade é sinxelamente porque o PP gastou os cartos previstos noutras obras.
2. Tiveron que ser os veciños e veciñas de Chanteiro os que artillaran unha campaña para denunciar a non execución da obra, reclamando perante o concello con máis de 200 sinaturas a priorización do proxecto e a negociación con outras administracións para conseguir o financiamento do mesmo; demanda que era asumida por unanimidade do Pleno do Concello o pasado 26 de Maio.
Á vista da falta de execución do acordo plenario, novamente tiña que ser a representación veciñal a que demandaba do Alcalde a efectiva execución do acordo plenario e, concretamente, a presentación dun novo proxecto actualizado para tramitar perante a Deputación de A Coruña; co obxecto de que o mesmo puidese ser incluído nas previsións de actuación desta institución.
3. Non resulta xustificábel que teñan pasado nove meses desde o acordo Plenario sen cumprir, nin moito menos que se tente agora xustificar coa consideración de que o tema do saneamento de Chanteiro é de máxima prioridade, para ocultar a realidade evidente: que despois de oito anos de goberno do PP non se ten executado a obra que o Concello tiña priorizado para Chanteiro.
4. O Alcalde actúa como un verdadeiro caradura ao afirmar que agora todo depende de que a Deputación inclúa o proxecto no próximo POL 2007-2011, cando en nove meses non foi capaz nin sequera de enviarlle o proxecto ao organismo provincial.
Aínda por riba, o Alcalde que é ademais Deputado Provincial sabe que neste momento non está concretado se vai existir un novo POL. Nunha palabra, tenta ocultar que él non ten feito os deberes con Chanteiro, botándolle a culpa aos demais. Por iso, O BNG vai pedir que no vindeiro Pleno explique o contido do novo proxecto, xa que o mesmo nin sequera foi dado a coñecer ao grupos da corporación e que tamén aclare as xestións que ten pensado facer para conseguir o compromiso doutras institucións para o posíbel financiamento deste proxecto.
Ares, 25 de Febreiro de 2007.
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ares.

EXTRA: Entrevista de Quintero a José María García
No se entiende, el mayor escandalo de TVE desde aquella sentencia contra la cadena publica por el tratamiento de la huelga general, y la derecha ni el PP dicen nada.Un escándalo como este de la censura a la entrevista de José Maria García, que por lo se ve y oye no insulta tanto, como decía el presidente de TVE, y nadie de la derecha hace leña del arbol caído.¿No será porque José María García puso a caldo a todos, incluído a José María Aznar, Rajoy, Jímenez Losantos, etc, y claro,esto no le gusta a la derecha.
Tanto la derecha como la izquierda creen poco en la libertad de expresión cuando se dice lo que no les gusta.

Ahora el PP pide que expliquen el asunto, pero no que que emitan la entrevista censurada.¡Pura hipocresía!
¡ Ojo al dato !